imagen.jpeg

No IES David Buján estivemos desenvolvendo un obradoiro de poesía durante os meses de marzo e abril. Este obradoiro está inserido no marco do Programa ARCE e desenvolveuse do seguinte xeito.

  • Lectura do libro Poetízate, antoloxía da poesía galega desde Rosalía de Castro (s. XIX) á actualidade. Esta actividade desenvolveuse nas sesións do club de lectura de 3º de ESO.
  • Unha vez lido o libro, cada alumno escolleu o poema que máis lle gustou e fixo unha explicación de porque escolleu o poema e, nalgúns casos, realizou unha ilustración para o mesmo.
  • Creación propia. O alumnado realizou os seus propios poemas, nalgúns casos imitando os que máis lle gustaron do libro e noutros casos da súa propia imaxinación.
  • Lectura do libro de Tomás Moreno, Inconformable, na súa versión en castelán.
  • Escolla dun dos poemas do libro e a súa tradución ao galego.
  • Elaboración dun minilibro cos textos orixinais en valenciano xunto coa súa tradución.
  • Preparación do recital poético que se realizará na xuntanza que os centros participantes no Programa ARCE celebraremos en Valencia do 23 ao 27 de abril de 2012.